Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terremoto

O goberno haitiano calcula en máis de 200 mil as vítimas mortais

A ONG Médicos do Mundo denuncia que a falta de material obriga a que os médicos practiquen amputacións nas persoas feridas.

Redacción - 13:35 18/01/2010

Unha semana despois do terremoto en Haití, o primeiro ministro do país, Jean-Max Bellerive, asegurou que xa se enterraron 70 mil cadáveres en fosas comúns, aínda que estimou que a cifra total de vítimas mortais podería acadar as 200 mil. Todos os cadáveres, agás cinco mil, foron recollidos na capital, Porto Príncipe.

O primeiro ministro afirmou que non se poderá dispoñer dun reconto fiábel das persoas falecidas até que os equipos de rescate non cheguen até todas as zonas afectadas. Tamén respondeu as críticas recibidas pola xestión da catástrofe: "A xente non se decata de que tivemos que recoller 70 mil cadáveres en cinco días.. Creo que ningún país está preparado para iso".

Por outra banda, a falta de material médico sobre o terreo, como antibióticos ou antisépticos, obrigou os médicos que atenden as vítimas a practicar centos de amputacións que noutras circunstancias non serían precisas, segundo indicou este luns Médicos do Mundo. A ONG advertiu de que a situación se vai manter do mesmo xeito nos vindeiros días.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: