A UE estudará a proposta do Estado francés de organizar unha "gran conferencia" para a reconstrución da illa.
Sobreviventes ao terremoto que sacudiu Haití o martes están organizando este venres barricadas cos cadáveres de falecidos en sinal de protesta polo atraso na chegada de axuda humanitaria ao país, segundo informaron testemuñas.
O fotógrafo da revista TIMES Shaul Schwarz asegurou a axencia de noticias Reuters que vira polo menos dúas destas barricadas formadas por corpos humanos e rochas en diferentes vías. "Están comezando a bloquear as estradas con cadáveres, a situación estase a pór fea. A xente está farta de que non chegue a axuda", afirmou.
O número de mortos, , segundo unha estimación realizada pola Cruz Vermella, podería chegar aos 50 mil. A situación das infraestruturas está complicando a distribución da axuda humanitaria.
Por outra banda, a Unión Europea estudará a proposta do presidente francés Nicolás Sarkozy de organizar unha "gran conferencia" para a reconstrución de Haití.