Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: veteranos

24/Xuño/2008 /

Os Galicia Old Boys triunfan nos Golden Oldies

Destacaron no torneo de veteranos de Madeira e foron convidados a xogar en Gales, coa elite deste deporte, para o 2010.


5/Xuño/2008 /

O Dépor, a polo 'dobrete'

Os veteráns branquiazuis xogan a Copa fronte ao Valencia, após gañarlles o último partido da competición, o que lles deu a Liga.


2/Xuño/2008 /

Fran, a súa remontada e a selección española

O deportivista axudou a que o combinado estatal de fútbol indoor (o que se xoga sobre moqueta, e onde se marcan ducias de goles) gañase a Eurocopa.


10/Maio/2008 /

Os veteranos do Dépor gañan a Liga e vínganse do Valencia

Os de Arsenio demostraron esta sexta feira que foron os máis fortes do campionato grazas a un espectacular fútbol rápido, físico e técnico. O marcador: 8-21.


7/Maio/2008 /

Djukic: "Era unha obsesión daniña que me estaba volvendo tolo"

"Houbo un tempo no que non paraba de pensar nel", conta o actual seleccionador serbio, ao tempo que lembra que lle encantaría adestrar no Estado Español, se cadra, ao Dépor.


5/Maio/2008 /

Chegou o desquite: o penalti de Djukic pode quedar esquecido

Aquel Superdépor que, por un erro, lle daba a liga ao Barça (era 1994) pode agora resarcirse. Os veteranos están a nada de gañar a Liga de Fútbol Indoor.


21/Abril/2008 /

A este Depor non hai quen o pare

Os "vellos" do Superdepor venceron ao Betis por 22-4. Camiñan de présa cara o título da Liga de Fútbol Indoor.


18/Abril/2008 /

O Depor xoga fronte ao Betis o liderado da liga de veteranos

Á noite, en Ferrol, os blaquiazuis que aínda non coñeceron a derrota, poden poñerse de primeiros na clasificación.


25/Marzo/2008 /

Tamén houbo medallas para os veteranos do atletismo galego

Chus Sanguos, Xosé Luís Otero, Daniel Fernández, Emilio Méndez, Soledad Castro e Manuel Rosales demostraron a forza dos deportistas do país na cidade de Clermont-Ferrand, en Francia.


18/Febreiro/2008 /

Dúas novas mellores marcas para o atletismo de base

Este domingo marcáronse novos marcas cadetes, mais tamén os veteranos destacaron, sobre todo Elías Domínguez, novo subcampión estatal de maratón.


14/Febreiro/2008 /

"O Deportivo nunca tratou ben aos seus veteranos"

O futbolista di sentirse doído por non poder defender "o escudo e a camisola orixinal coa que tanto gocei". Entrevista feita pola Liga de Fútbol Indoor, a dos veteranos.


13/Febreiro/2008 /

Os veteranos do Depor debutan na casa contra o Barça

Gañaron o seu primeiro partido da Liga Indoor contra o Athletic, e o seguinte será a vindeira sexta feira.


13/Febreiro/2008 /

Os Galicia Old Boys darano todo no campionato europeo de rugbi

Aínda que sen chegar a anciáns, os maiores de 35 anos formarán este equipo, cando se cumpre un cuarto de século do rugbi federado no país.


3/Marzo/2007 /

A polémica sobre o tratamento dos soldados feridos en Iraq e Afganistán salpica a Bush

O presidente dos Estados Unidos, George W. Bush, recoñeceu este sábado que o tratamento de moitos veteranos de guerra non foi o adecuado, logo de que o Washington Post denunciara que algúns dos soldados feridos en Iraq e Afganistán recupéranse nun hospital ateigado de ratas e cocarachas. "É inaceptábel para min, é inaceptábel para o noso país e isto non seguirá así" asegurou Bush, que ve como os seus índices de popularidade baixan aínda máis por mor do escándalo.