Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tamén os veteranos destacan

Dúas novas mellores marcas para o atletismo de base

Este domingo marcáronse novos marcas cadetes, mais tamén os veteranos destacaron, sobre todo Elías Domínguez, novo subcampión estatal de maratón.

Redacción - 12:50 18/02/2008
Atletismo / Flickr: dã

Atletismo / Flickr: dã

De novo, fin de semana de éxitos para o atletismo galego, sobre todo para o da base. Este domingo desenvolveuse o Campionato Galego xuvenil e cadete nas pistas do Pazo dos Deportes da Coruña.

Na competición houbo marcas moi destacadas, sobre todo a de Antía Martínez Queimaño, do Porriño, que conseguiu unha nova mellor marca galega na proba dos 50 metros, cun rexistro de 7,94. A outra mellor marca conseguiuna Sonia Becerro Fernández, de Narón, en triplo salto, marcando os 10,88 metros.

Éxito tamén nos veteranos
Por outro lado, o atletismo veterano galego volveu destacar a nivel estatal. O atleta vigués Elías Domínguez converteuse este domingo en Subcampión Estatal de Maratón, aos 35 anos, cun rexistro de 2 horas 16 minutos e 7 segundos. Domínguez entrou en sexta posición, por detrás do vasco Asier Cuevas. O outro galego na competición, o ourensán David Rodríguez, foi cuarto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: