 
Nun comunicado lamentan o recorte nos premios mentres se mantén o pago dos mesmos custes por tomar parte na carreira.
 
											Manu Rivas conta con sete Campionatos de España en supercross e un Campionato de Europa de Motocross
Adrián Garrido, Manu Rivas, Máxime Lesage, Álvaro Lozano, Xavi   Hernández, Delatorre, Millán, Ricardo Costas, Javier Fernández e Román   Pérez. Estes son os pilotos de motocross e supercross galegos que asinan   un comunicado no que anuncian que non tomarán parte no Campionato de   España das súas disciplinas.
Protestan así contra a redución dos   premios, que piden que se manteñan, cando menos, á altura do ano  pasado.  Se ben apuntan que entenden, pola situación de crise, que non  se  aumente a cantidade económica coa que se premia os gañadores,  denuncian  que, pola contra, o pago dos dereitos para poder participar  na carreira  seguen a ser os mesmos.
Lamentan así que sexan os  pilotos os que  teñen que afrontar a situación económica pagando o mesmo  por participar  mais recibindo menos por gañar. Asemade, aseguran que  xa non hai marcha  atrás e subliñan que en anteriores edicións destas  probas chegaron a  reunir a máis de 10 mil seareiros, boa proba da  afección que esperta o  deporte do motor.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto