Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: roberto-varela

30/Xuño/2010 /

Varela asegura que o Panteón de Galegos Ilustres abrirá “en breve”

O conselleiro de Cultura afirma que a Xunta alcanzou un acordo co Arcebispado de Santiago e que asumirá o custe de mantemento e seguridade.


24/Maio/2010 /

A reforma da lei de Turismo suprime a marca de calidade 'Galicia'

A Xunta defende cambios a prol da "flexibilidade". A oposición di que o "revanchismo" destrúe unha norma consensuada co sector.


27/Abril/2010 /

Suposto debate e suposto consenso para un plan turístico "baleiro"

A Xunta defende na Cámara o seu "Plan de Acción". Os socialistas consideran que a falta de estratexia e cartos agoira mal ano para o turismo malia coincidir co Xacobeo.


Volven os Premios (non Nacionais) de Cultura
23/Marzo/2010 /

Volven os Premios (non Nacionais) de Cultura

Varela anuncia a convocatoria dos galardóns que suprimiu en 2009, mais só de letras, artes plásticas, artes escénicas, patrimonio e promoción cultural no exterior.


12/Marzo/2010 /

Nin un peso da Xunta para o Culturgal

Malia o reiterado éxito da feira das industrias culturais, o PP rexeita unha proposta do BNG para que o Goberno a financie. Seguirá dependendo do compromiso de concellos e sociedade civil.


8/Marzo/2010 /

Varela pide desculpas por ter mentido "inconscientemente" no Parlamento

O gabinete de prensa da Consellaría de Cultura sinala que o acontecido se debeu a un erro informático ao facer unha tradución dun discurso ao castelán.


8/Marzo/2010 /

O conselleiro que se perdeu en 'Desván de los monjes'

Un vídeo proba que Roberto Varela mentiu no Parlamento cando negou que tivese utilizado de xeito disparatado topónimos galegos nun acto oficial. Ofrecémoslle as imaxes coas dúas intervencións (ver interior da noticia).


A oposición tamén cuestiona a xestión do Xacobeo por parte da Xunta. Na imaxe o conselleiro de Cultura, Robero Varela
24/Febreiro/2010 /

O PPdeG impide cos seus votos que o Parlamento reprobe o Roberto Varela

O conselleiro asegura que "se non crese firmemente" na cultura do país "non estaría aquí", e garante que non vai dimitir.


A Asociación de Escritores en Lingua Galega apoia os 11 autores que pediron a dimisión do conselleiro de Cultura
28/Xaneiro/2010 /

A Asociación de Escritores en Lingua Galega apoia os 11 autores que pediron a dimisión do conselleiro de Cultura

"Coñecer e recoñecer publicamente a cultura galega en xeral (...) é o primeiro paso necesario para superar tópicos arcaicos e caducos", din.


27/Xaneiro/2010 /

O PP xustifica que Varela fixo unha chamada a "universalizar a cultura galega"

O conselleiro recibe o apoio do PPdeG logo de opinar que a cultura galega está "ensimesmada e acomplexada".


26/Xaneiro/2010 /

Roberto Varela: un 'diplomático' parado na corda frouxa

Logo de que once escritores galegos asinasen un documento pedindo a súa dimisión pola súa “falta de consideración” cara á cultura do país, o conselleiro intenta rematar un mes especialmente difícil.


19/Xaneiro/2010 /

"A RAG e a sociedade galega van en distinta dirección", retruca o conselleiro de Cultura

A Academia lamenta que a Xunta insista en manter o borrador. Tamén este martes houbo xuntanza entre Educación e os sindicatos da Mesa Sectorial do Ensino.


O conselleiro, co nadador español David Meca
7/Xaneiro/2010 /

O PSdeG acusa a Xunta de "facer campaña" cos fondos do Xacobeo en concellos gobernados polo PPdeG

Ve "pouca publicidade" do Ano Santo e critica que Varela actúe como "presidente dunha gran comisión de festas" e "a golpe de guateque".


28/Novembro/2009 /

O conselleiro de Cultura asegura que o Goberno seguirá na mesma liña en materia lingüística

Resta importancia ás críticas do órgano europeo e adianta que todos os creadores galegos serán protexidos, independentemente da lingua que empreguen.


26/Novembro/2009 /

O conselleiro de Cultura avoga por unha industria cultural sen subvencións

Roberto Varela apostou por unha cultura "máis aberta" ao mundo, aínda que recoñecendo o valor do galego como "patrimonio" de Galiza.


23/Novembro/2009 /

Ao rescate dos Premios Nacionais da Cultura

Os nacionalistas pídenlle ao Goberno que reconsidere a supresión dos galardóns e denuncian que esta decisión obedece ao "desprezo pola cultura propia".


5/Novembro/2009 /

A contratación publicitaria sementa máis dúbidas sobre o gasto público no Xacobeo

Novo conflito apenas uns días despois da rifa parlamentaria pola incerteza respecto da posíbel marxinación das empresas galegas nos eventos de 2010.


Primeiro achegamento entre a RAG e a Xunta logo das críticas de Barreiro
21/Setembro/2009 /

Primeiro achegamento entre a RAG e a Xunta logo das críticas de Barreiro

O presidente da Real Academia reuniuse co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, para falar do traballo a desenvolver no Xacobeo 2010.


2/Setembro/2009 /

As galerías terán axudas para levar artistas do país ás feiras internacionais

O conselleiro de Cultura anuncioulle á asociación de galeristas o apoio á feira Espazo Atlántico de Vigo para que compita con Arco.


6/Xullo/2009 /

A Xunta suprimirá os Premios Nacionais de Cultura

Nunha entrevista, Roberto Varela asegurou que os galardóns "custan unha fortuna" e que non continuarán.