Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No primeiro Mundial da historia no que participa Galiza

As irmandiñas non poden coa fortaleza rusa e perden 3-2

As galegas loitaban contra unha das favoritas nunha competición sen precedentes, mais perderon por un só gol. Velaquí todas as claves da competición.

Redacción - 18:30 29/09/2008
A selección catalá feminina, na súa presentación

A selección catalá feminina, na súa presentación

Esta segunda feira comezou en Reus o Mundial de Fútbol Sala Feminino, o primeiro da historia, e a primeira competición internacional oficial no que participa a selección galega, a irmandiña do parqué.

O primeiro partido de Galiza xogábase ás 15:30 horas fronte a Rusia, un dos combinados favoritos. As irmandiñas loitaron, mais a fortaleza rusa non se derrubou. Ao final quedaron 3-2, segundo lle contou a Vieiros un responsábel da Federación Catalá de Futsal.

Alén do partido de Galiza, esta segunda feira xógase o Venezuela-Bélxica (17:30 horas), o Paraguai-Italia (19:00 horas) e o Cataluña-República Checa (21:15 horas). Isto aínda comezou: os cuartos de final son a vindeira sexta feira, as semifinais o sábado e a final o domingo 5 de outubro.

O principal atranco: as rusas
A priori e aínda que non existen precedentes con respecto a un Mundial feminino de seleccións dentro do AMF (Asociación Mundial de Futsal), os combinados sudamericanos (Brasil, Arxentina, Paraguai, Colombia e Venezuela) e o ruso parten como favoritos e garanten unha interesante loita polo título. As rusas, con mulleres como Ulogova, Tresova ou Kremleva, son as principais rivais a bater. Xa o demostraron esta segunda feira gañándolle a Galiza.

Mais, alén destes equipos, non hai que ignorar combinados como o italiano ou o catalán, que tamén son firmes candidatos á vitoria. E agardando aínda por saber como actuaron as galegas, non as podemos botar da loita final. Este é aínda un Mundial aberto e de prognóstico incerto.

Vídeo promocional e balón e automóbil oficial
A inauguración será ás 20:30 horas no Pavillón Olímpico de Reus (antes do partido de Cataluña), mais o vídeo promocional do Mundial xa se presentou e se distribuíu entre os participantes, para que estes coñezan Cataluña e a cidade de Reus.

Ademais, de vídeo, hai balón oficial para o campionato. A AMF homologou a pelota habitual da Federación Catalá de Futsal, a 'Barri Future Sala 60 cm', e designouna pelota oficial do Mundial.

E, a través dun convenio con Seat, o modelo Ibiza converteuse tamén en automóbil oficial do campionato. A empresa cedeulle varios automóbiles á organización para que, os días que dure o Mundial, percorran as rúas de Reus co logotipo deste evento deportivo e o da AMF, entidade organizadora, xunto coa Federación Catalá, dos encontros.


Ligazóns

4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo promocional da cidade de Reus e do Mundial de futsal feminino

Detalle da web do Mundial de futsal de Reus
Detalle da web do Mundial de futsal de Reus
A pelota oficial do Mundial
A pelota oficial do Mundial