Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL de base

Galiza gáñalle a Madrid no futsal

A selección nacional sub 18 venceu no Estatal esta fin de semana. No fútbol, a selección sub 14 ficou subcampioa da súa categoría ao perder contra Cataluña.

Redacción - 11:26 26/05/2008
A selección galega de futsal sub 18

A selección galega de futsal sub 18

Galiza proclamouse campioa estatal de fútbol sala sub 18 este domingo, tras derrotar na gran final do campionato á selección de Madrid por 5-2.

O partido non foi fácil, e houbo que remontar un primeiro golpe dos madrileños, pero os irmandiños sub 18 gañaron con rotundidade, demostrando a sús superioridade que quedou patente durante todo o campionato disputado en Lugo, no que non perderon un só encontro.

Galiza, subcampioa estatal de fútbol na categoría sub14
A selección galega de fútbol, na categoría sub 14, proclamouse esta fin de semana subcampioa estatal, após perder na final contra Cataluña por un contundente 5-0. O campionato desenvolveuse na vila de Ginés (Andalucía).

Malia que a derrota deixou un mal sabor nos xogadores ao remate do partido, o éxito deportivo da selección de Tino Arce foi enorme, xa que Galiza fixo gozar aos seareiros nas semifinais e no primeiro tempo da final tamén aguantou o ritmo dos cataláns, que lograron o primeiro tanto a falta de dous minutos para o descanso. Entre os asistentes destacou a presenza do seleccionador español das categorías inferiores, Juan Santisteban, que tomou boa nota da actuacións dalgúns dos xogadores galegos que xa son seguidos polos grandes do fútbol estatal.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: