Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito dos Andes

Un apertón de mans entre Uribe, Chávez e Correa ponlle fin á crise

Os presidentes de Colombia, Venezuela e Ecuador comprométense a traballar a prol da paz.

Redacción - 10:48 08/03/2008
Histórico apertón de mans entre Uribe e Chávez, en presenza de Fernández

Histórico apertón de mans entre Uribe e Chávez, en presenza de Fernández

Os presidente venezolano, colombiano, e ecuatoriano, Hugo Chávez, Álvaro Uribe e Rafael Correa, respectivamente deron por resoltas as súas diferenzas con apertóns de mans nun xesto de compromiso por traballar en favor da paz, a petición do mandatario dominicano, Leonel Fernández.

Fernández pediu que ese xesto fose o ramo da cimeira do Grupo de Río que tivo lugar en Santo Domingo e que estivo centrada na crise diplomática rexional desatada pola operación militar que tropas colombianas levaron a cabo o sábado pasado en territorio ecuatoriano.

Chávez renova os vínculos con Colombia
Pola súa banda, Chávez anunciou que renovará os vínculos con Colombia e engadiu que vai reabrir a fronteira con país veciño así como sacar os tanques da zona.

Por outra banda, o guerrilleiro colombiano Iván Ríos, sexto no Secretariado ou mando central da guerrilla das FARC, morreu xunto con outras 23 persoas. Neste senso, Chávez dixo que posúe novas probas de supervivencia de dez reféns das FARC.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: