Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TAMÉN PECHA A EMBAIXADA EN BOGOTÁ

Chávez ordena o traslado de tanques á fronteira con Colombia

O presidente de Venezuela advertiu que non tolerará que o exército colombiano viole a súa soberanía para combater ás FARC.

Redacción - 19:52 02/03/2008

Hugo Chávez acaba de ordenarlle ao seu ministro de Defensa que desprace dez batallóns con tanques á fronteira con Colombia á vez que daba instrucións para o peche da embaixada en Bogotá. A decisión, que anunciou no seu programa semanal de radio e televisión, ten lugar despois de que este sábado o exército colombiano matase ao número dous das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), Raúl Reyes. 

Poucas horas antes, o presidente de Ecuador, Rafael Correa, chamaba ao seu embaixador a consultas, ao considerar que o exército colombiano puido invadir o seu territorio para lanzar o ataque contra as FARC e posteriormente recoller o cadáver do dirixente guerrilleiro. O executivo de Colombia afirma que non violou a soberanía de Ecuador e que só actuou de acordo co "principio de lexítima defensa".

Hugo Chávez advertiulle ao executivo de Uribe, ao que tildou de "narcogoberno", que se un feito semellante ten lugar en territorio venezolana non dubidará en respostar militarmente, á vez que asegurou que o exército de Venezuela vai apoiar a Ecuador en "calquera circunstancia".


3,67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: