Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise diplomática

Correa: "O ataque colombiano frustrou a liberación de Betancourt"

O presidente de Ecuador afirma que o seu país e Francia estaban a negociar con Raúl Reyes. Este martes reúnese a Organización de Estados Americanos.

Redacción - 11:25 04/03/2008
Territorio ecuatoriano onde tivo lugar o ataque de Colombia ás FARC

Territorio ecuatoriano onde tivo lugar o ataque de Colombia ás FARC

O presidente de Ecuador, Rafael Correa, afirmou nunha cadea de televisión que "as negociacións" entre Quito e París "estaban bastante avanzadas para liberar en Ecuador a doce reféns, entre estes Ingrid Betancourt".

"Agora, todo se frustrou polas mans guerreiristas e autoritarias", dixo o dirixente en alusión a operación militar de Colombia contra as FARC en territorio ecuatoriano.

Na mesma intervención televisiva, o ministro coordinador de Seguridade de Ecuador, Gustavo Larrea, admitiu que mantivera contactos coas FARC para buscar a liberación dos retidos, e precisou que Betancourt puido ser liberada en marzo.

Segundo Correa, o goberno que preside non descarta que impedir esa liberación de reféns polas FARC fose "unha das motivacións da incursión e ataque por parte dos inimigos da paz".

"Que buscaba o Goberno de (o presidente colombiano, Álvaro) Uribe eliminando a Raúl Reyes (portavoz internacional da guerrilla) en territorio ecuatoriano e logo inventando trapalladas para nos ligar coas FARC", cuestionouse o presidente.

Tanto Ecuador coma Venezuela romperon as relacións diplomáticas con Colombia tras o incidente. A Organización de Estados Americanos vai analizar este martes nunha reunión urxente este tema.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: