Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Despois de se recuperar dunha rotura de clavícula

Eva Castro reaparece e gaña o Campionato Galego de Four Cross

Castro en mulleres, e Antonio Ferreiro nos homes. Ámbolos dous son os novos campións galegos, despois que competir en Verín o domingo.

Redacción - 11:10 21/11/2007
Verín acolleu o campionato

Verín acolleu o campionato

Verín acolleu o pasado domingo o II Campionato de Galiza de Four Cross, organizado pola Federación Galega de Ciclismo.

Antonio Ferreiro e Eva Castro fixeron bos os prognósticos e acadaron os títulos de campións de Galiza na modalidade de 4X despois de varias carreiras, marcadas, segundo contan dende a federación, por un "altísimo nivel deportivo".

A igualdade nas quendas eliminatorias foi tal que nalgunhas ocasións producíronse até cuádruplas empates entre as dúas mangas de cada clasificadora. As caídas tamén marcaron a fase de clasificación e a proba parouse para evacuar a Gabriel Suárez, que sufriu un accidente durante a proba.

A seguir, expoñémosvos as clasificacións do Campionato Galego:

Mulleres:

1ª Eva Castro Fernández (Quintena).
2ª Carmen Rosa Martínez (Brincoos).

Homes:
1º Antonio Ferreiro (Rp3).
2º Diego Felix Alvarez (Rp3).
3º Daniel de Sousa (Brincoos).
4º Daniel Alvarez (Bici O Con).
5º Manuel Baños (Brincoos).
6º Jorge Adrián Costas (Brincoos).
7º Diego Vilas (Bike ou Non Vai).
8º Miguel Ángel Pintos (Brincoos).


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: