A construción dun circuíto de BMX (bicicleta de montaña) vai ser unha das propostas que o BNG de Oleiros inclúa no seu programa electoral cara ás próximas eleccións municipais. O circuíto levaría o nome da oleirense Eva Castro, bronce no último europeo de fourcross e gran referencia deste deporte en Galiza xunto con Xosé Hermida. A pista poderíase empregar tanto para adestramentos como para competicións oficiais da UCI. Deste xeito, o actual departamento de deportes do concello de Oleiros procura promover un deporte que nas vindeiras olimpíadas será un dos convidados para acadar nun futuro próximo o recoñecemento como olímpico.