Despois de ser escollida, ao fin, polo seleccionador español para ir ao Mundial, Eva Castro vai ter que pospoñer todas as súas competicións para ser sometida a outra operación.
Cando o ano parecía comezar ven para a ciclista oleirense -após unha medalla no europeo, un terceiro posto na primeira proba da Copa do Mundo, a chamada do seleccionador español para o europeo e o mundial- todo parece querer esvaecerse, xa que Castro vai ter que ser intervida de novo.
A lesión na proba da Copa do Mundo en Suíza que lle ocasionou a rotura da clavícula a Eva Castro complicouse e ten que entrar na terza feira de novo no quirófano para atallar o problema dunha lesión que non da rematado de curar.
Os prazos para preparar o mundial que se celebrará en Setembro en Escocia acúrtanse e periga a asistencia de Eva no que podería ser o mellor ano da súa historia deportiva. Mais a ciclista de Oleiros sempre segue adiante e aguanta o tipo, acostumada como está a loitar contra as adversidades, as precarias condicións nas que adestra e compite e os continuos esquecementos do equipo estatal. Pode que a tempada que vén Castro poida demostrar de novo, e con títulos, que está entre as mellores ciclistas do mundo de Four Cross.