Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AVANZA O CABLE FRONTE O ADSL

R di que xa ten o 64% da banda larga galega

O operador galego promete levar a súa fibra óptica a sete novos concellos coruñeses este ano. Ademais, tramita permisos noutras 16 localidades.

Redacción - 13:21 04/10/2007
A. Dopico, director xeral de R

A. Dopico, director xeral de R

Padrón, Arzúa, As Pontes, Boiro, Cedeira, Pontedeume e Ribeira. As vilas destes concellos disporán de conexión a internet a través de fibra óptica antes de fin de ano, segundo adiantou hoxe R.

A medio prazo
Ademais dos municipios citados, a compañía asegura que está tramitando os permisos para furar as rúas da Pobra, Ares, Brión, Malpica, Melide, Mugardos, Neda, Negreira, Noia, Ponteceso, Pontecesures, Rianxo, Teo e Vimianzo e meter o cable.

Os detalles dos plans de R na Coruña abordáronse nun cumio directivo que o operador está a organizar en Padrón. Segundo os datos revelados nesa xuntanza, a empresa dá servizo ao 64% das conexións de banda ancha en Galiza. R cre que este dato “ratifica o avance da fibra óptica fronte ao adsl como opción preferida de alta velocidade”.

Apoio da Xunta
O operador galego de cable asegura que vai investir 51 millóns de euros na provincia coruñesa a medio prazo. R conta con subvencións da Consellería de Industria para a financiar as súas obras.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: