Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Chega a fibra óptica a Vilagarcía

A operadora de comunicacións R vén de anunciar a activación en Vilagarcía da súa rede de alta velocidade, que presta servicios de teléfono, internet e televisión. Ata o momento, despregou na cidade uns 106 quilómetros de fibra óptica, que están en disposición de atender a un milleiro de fogares e empresas.

- 15:48 01/04/2003
Tags:

Esta cifra irase ampliando a medida que avancen os traballos de instalación de fibra óptica, ata dar cobertura a 9.000 inmobles do casco urbano e completar un investimento estimado de 5,5 millóns de euros (920 millóns de pesetas).

Nun principio, prestará servicios a un milleiro de clientes e vai estender a rede de forma paulatina nos contornos dos Duráns, Arapiles, Duque de Rivas, Marxión, San Roque, Rodrigo de Mendoza, Avda. López Ballesteros, Ramón López Piñeiro, Ramón y Cajal, Avda. Juan Carlos I e praza Ravella.

R ofrece conexión a internet de alta velocidade con tarifa plana a través de cablemódem, teléfono e máis de 40 canles de televisión, ademais doutros servicios específicos para empresas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: