Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O OPERADOR GALEGO R VAI INVESTIR 200 MILLÓNS

Nun prazo de dous anos o 60% da poboación terá acceso á rede de fibra óptica

Lalín, Ponteareas, Sanxenxo, Moaña, Bueu, Cedeira, Ordes, As Pontes, Chantada e Xinzo de Limia. Estas son as poboacións en que o operador galego de cable, R, xa ten licenza para expandir a súa rede de fibra óptica. A empresa anuncia que "comezará a dar servizo durante 2007" nestas localidades. Ademais, o operador sinala que está a piques de conseguir permisos en Ponteceso, Boiro, Allariz e O Grove. O obxectivo é que a finais do 2008 o 60% dos galegos poidan optar por una tecnoloxía que permite un acceso a unha internet de alta velocidade.

- 11:45 04/01/2007
Tags:

Arturo Dopico, director xeral de R, explica os plans de expansión da rede de cable nunha entrevista que publica este martes Vieiros. O obxectivo é que a fibra óptica desta empresa chegue ao 60% da poboación nos dous próximos anos. Para logralo, a compañía asegura que vai investir 200 millóns de euros.

O acceso a banda larga (as conexións de ADSL e de fibra óptica) segue a ser misión imposible para moitas poboacións galegas, segundo datos do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información. Esta situación dáse non só no rural, senón en moitas zonas próximas as cidades. Recentemente, o goberno central lanzou a promesa de que a banda larga chegará a todas as poboacións de máis de 250 habitantes antes de que acabe o ano.

Por outra banda, R comunica que "este ano ofrecerá conexións de alta velocidade constante de ata 9 megas para particulares e de ata 10 megas para empresas". O operador, controlado por capital galego, conta coa apoio financeiro da Consellería de Innovación e Industria para a expansión e mellora da súa rede.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: