Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO ÉXITO EN CANNES

Óliver Laxe leva o seu filme a Múnic

O director galego comeza o seu roteiro polos festivais internacionais con 'Todos vós sodes capitáns'.

Redacción - 17:30 10/06/2010

Despois de conseguir o premio da Federación Internacional da Crítica de Cine, na sección da Quincena de Realizadores no Festival de Cannes, Óliver Laxe inicia o seu percorrido polos máis de 40 festivais onde ten previsto exhibir a súa cinta 'Todos vós sodes capitáns'. O director galego participará agora na Sección Internacional do Festival de Cine de Múnic. Despois, a partir de setembro, continuará previsibelmente por outros certames internacionais.

A cinta de Laxe, rodade en 35 milímetros e en branco e negro, conta a historia dun director de cine europeo que realiza un filme cos nenos do taller de cine Dao Byed, que dirixe en Tánxer Despois do éxito acadado cos seus traballos anteriores ('París #1' e 'Todos vós sodes capitáns'), xa adiantou que probabelmente para o vindeiro ano comezará a rodar un novo filme que terá a Galiza como escenario.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: