Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN FRANCIA

Óliver Laxe, profeta lonxe da terra

A ópera prima do director galego foi exhibida no teatro do Palais Stéphanie na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes.

Redacción - 14:00 20/05/2010

O filme Todos vós sodes capitáns, de Óliver Laxe, xa foi proxectada en Cannes. Por vez primeira, unha produción galega foi seleccionada para o certame, na Quincena de Realizadores, para o que se escolleron 24 traballos dos máis de dous milleiros presentados. Laxe, nacido en París en 1982 e fillo de emigrantes galegos, xa dirixira diferentes pezas con notábel éxito, como a curta 'As chimeneas decidiron escapar' ou os documentais 'Soa a trompeta, agora vexo outra cara' e 'París#1'.

O filme proxectado agora no teatro Palais Stéphanie, foi visto por unhas 700 persoas, que encheron a sala para ver a estrea. Malia que Laxe non puido contar coa presencia dos seus actores, retidos en Tánxer por problemas administrativos, amosouse satisfeito coa experiencia. A peza, entre o xénero documental e a ficción, competirá agora pola cámara de Oro. Cun custe de 30 mil euros, amosa o seu traballo cos nenos da rúa nun taller de cine que dirixe en Tánxer.

Proxectos pendentes: Galiza
Preguntado sobre os seus proxectos futuros, Laxe apunta a Galiza e asegura que xa ten un filme na cabeza. Afirma que pensa en moverse cara o sur de Marrocos, cara o deserto, e adianta que o seu próximo traballo terá unha primeira parte que se rodará integramente en terras galegas. Porén, explica que todo “dependerá do canso que remate Cannes” e conclúe “teño ganas de traballar, gústame a miña profesión”.


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Escena de 'Todos vós sodes capitáns'

Fotogramas de 'Todos vós sodes capitáns'
Fotogramas de 'Todos vós sodes capitáns'