Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EMPRENDEMENTO

Galiza perde cada mes 220 autónomos

O número total de traballadores por conta propia ascende a 223.590, un 2,51% menos que a taxa rexistrada hai un ano.

Redacción - 17:46 06/07/2010
Nos últimos doce meses deixaron o traballo por conta propia un total de 5.745 traballadores

Nos últimos doce meses deixaron o traballo por conta propia un total de 5.745 traballadores

Dende que comezase o ano, Galiza perdeu un total de 1.329 traballadores autónomos, é dicir, unha media de 220 emprendedores menos por mes. Son os datos do primeiro trimestre deste 2010, unha cifra sobre a que chama a atención o presidente da Organización de Profesionais e Autónomos (OPA-Galiza), Xosé Antonio Fidalgo.

Na actualidade, o número total de traballadores autónomos en Galiza ascende a 223.590, unha estatística que rexistrou un lixeiro incremento no último mes de xullo. Porén, se comparamos os datos cos do mesmo semestre de 2009, a taxa rexistrou un descenso do 2,51%. Aínda máis, se nos centramos no conxunto do ano, en cifras exactas nos últimos 12 meses deixaron o traballo por conta propia un total de 5.745 traballadores.

Exixen apoio das Administracións
Fidalgo pediu a colaboración da Consellaría de Economía e Industria, quen adiantou que empregará case tres millóns de euros en distintas accións no sector do comercio. A OPA pide que estas axudas contribúan a garantir o mantemento dos negocios e que anime a novos emprendedores a estabelecer os seus proxectos en Galiza. Nos últimos días, outro colectivo, a Federación de Autónomos de Galiza (FEAGA) tamén reclamou medidas como a baixada dos custes sociais ás empresas ou a redución dos tipos de contrato para frear a perda de traballadores por conta propia.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: