Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN GALIZA

O incremento de desempregados triplica o do Estado

O paro subiu no primeiro trimestre deste ano un 19%, moi por enriba da media estatal, onde o crecemento foi do 6%.

Redacción - 10:45 30/04/2010

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada este venres, tal e como se adiantou por erro o pasado martes, deparan uns datos moi negativos para Galiza. O paro medrou no primeiro trimestre de 2010 un 19,15%, a porcentaxe máis elevada de todo o Estado Español e moi por enriba da media estatal (6,61%). A estatística xa supera a día de hoxe as previsións que tiña a Xunta de Galiza para finais de ano.

A taxa de paro sitúase agora no 15,46%, é dicir, de cada 100 galegos en idade de traballar, 15 non atopan emprego. No seu conxunto, Galiza suma xa un total de 200.600 parados. No último ano, anotáronse nas listas do desemprego un total de 37.900 persoas (32.200 só nos últimos tres meses).

Nas análises máis miúdas da estatística, hai que subliñar que a taxa de paro feminino é case dous puntos superior á masculina, cun 16,50% fronte ao 14,58% dos homes. Tamén Galiza rexistrou o maior descenso na taxa de ocupación, con 41.800 ocupados menos, e a taxa de actividade máis baixa, despois de Asturias e Estremadura, cun 54,41%.

Podes ler en Vieiros a información dos últimos meses:


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: