Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Incidente" informático

Datos da EPA publicados por erro na web do INE sitúan o paro xa no 15,46%

A información provisional, que se confirmará oficialmente o venres, amosaría que no primeiro trimestre de 2010 xa se superaron as previsións de desemprego da Xunta para finais de ano.

Redacción - 11:30 27/04/2010

Un "incidente" informático provocou que este luns se publicasen durante uns minutos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao paro rexistrado no primeiro trimestre de 2010. Segundo eses datos, dos que o INE xa se desculpou nunha nota publicada na súa web, a taxa de paro acadaría o 15,46% en Galiza e superaría, por primeira vez dende 1987, o 20% no Estado Español, concretamente o 20,05%, con máis de 4,6 millóns de persoas paradas.

De se confirmaren estes datos, o aumento do paro en Galiza sería espectacular, superando as previsións da Xunta de chegar ao 15% a final de 2010. En comparación, o anterior dato da EPA, correspondente ao cuarto trimestre de 2009, amosaba unha taxa do 12,88% de paro no país.

A información foi casualmente detectada por un redactor do xornal madrileño ABC. O INE, despois de ter retirados eses datos da súa web, asegura que "continúa co seu habitual proceso de validación" da enquisa e que os resultados definitivos publicaranse, seguindo o calendario previsto, o venres 30.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: