Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FINANZAS

É posíbel preservar a maioría de capital galego en R?

O BNG presenta unha iniciativa no Parlamento para que o Goberno desenvolva a Lei de Caixas para evitar que Caixanova se desfaga de máis accións da empresa.

Redacción - 16:30 21/04/2010

A empresa de telecomunicacións R converteuse nos últimos anos nun símbolo da capacidade empresarial do país. Mais a día de hoxe a semente está botada para que a compañía con sede na Coruña pase a ser a medio prazo un proxecto onde o capital galego sexa minoritario, logo de confirmarse que un fondo británico (con sede social en Luxemburgo) se fixo xa cun 35% de R e que ten unha opción de compra sobre a parte restante que conserva Caixanova. Tal e como informou no seu día Vieiros, a intención última da compañía CVC é facerse con, cando menos, o 70% da empresa de telecomunicacións.

A pregunta que agora está enriba da mesa é se os poderes públicos poden facer algo para manter a galeguidade dunha empresa que no seu día recibiu numerosas facilidades das administracións para convertela en punteira. O BNG cre queoperacións levadas a termo polas caixas de aforro galegas que impliquen a transmisión dos activos que posúen en empresas galegas en sectores estratéxicos para Galiza, consonte o espírito da Lei de Caixas de Galiza”. caixas de aforro galegas leve aparellada unha redución dos seus activos e, polo tanto, da súa participación no tecido empresarial galego, especialmente nos sectores relevantes da economía galega”.

Na proposición non de lei tamén se insta ao Goberno a “exercer a tutela e supervisión daquelas operacións levadas a termo polas caixas de aforro galegas que impliquen a transmisión dos activos que posúen en empresas galegas en sectores estratéxicos para Galiza, consonte o espírito da Lei de Caixas de Galiza”.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: