Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE ANO EN INVERNESS (ESCOCIA)

Bota a andar o Liet 2010

Dende comezos deste mes xa se poden enviar as candidaturas para participar no Festival Europeo da Canción para Linguas Minorizadas.

Redacción - 09:00 14/04/2010

Inverness, nas Highlands escocesas, foi o lugar escollido este ano para celebrar a sétima edición do Festival Europeo da Canción para Linguas Minorizadas Liet 2010. Despois do norte de Suecia, Frisia, os Países Baixos ou Laponia (onde participou o gañador de A Polo Ghit Boy Elliott), o certame viaxa até terras gaélicas para seguir impulsando a creación de novas cancións en linguas minorizadas e para ofrecer os artistas un escenario internacional ao que levar as súas composicións en directo.

Dende o pasado 1 de abril, o certame xa recibe as candidaturas para participar no festival, que se celebrará previsibelmente en novembro. A organización xa está a traballar na programación deste evento internacional, único e prestixioso, que contará con actos culturais nos días previos á gran noite nos que se amosará a realidade da lingua das Highlands, da súa arte e da súa cultura. Actualmente están a desenvolver o sitio web e o deseño de todo o festival, que darán a coñecer nos vindeiros días.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Somby (Laponia) foron os gañadores do xurado da última edición
Somby (Laponia) foron os gañadores do xurado da última edición
Inverness (Escocia) acollerá a edición deste ano
Inverness (Escocia) acollerá a edición deste ano