Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FESTIVAL DA CANCIÓN EN LINGUAS MINORIZADAS

O Liet mudará de formato en 2006

Ao igual cós demais grandes festivais da canción, o Liet Ynternasjionaal, o certame para cantantes en linguas minorizadas europeas, modificará o seu formato para adaptarse aos retos do futuro. A consigna é seguir medrando, e as mudanzas entrarán en vigor a partir de 2006. Unha final en Laponia, lugar de procedencia dos últimos gañadores e tres semifinais, unha nororiental, outra meridional e outra central, son as principais novidades.

- 08:10 14/10/2005
Tags:

O Liet é orixinariamente un festival da canción frisoa, que é unha lingua que se fala nas zonas fronteirizas entre os Países Baixos e Alemaña. Como continuación deste xa veterano certame, que se organiza na cidade de Ljouwert, ampliouse en 2002 para convertelo nunha eurovisión das linguas minorizadas europeas. Esa primeira edición foi gañada polos cataláns Pomada e non contou con participación galega. En 2003 levou a voz galega Anubía, e en 2004 a mosense Uxía que obtivo a terceira praza.

Neste 2005 non haberá edición internacional, pero si frisoa. Será unha pausa para repensar o modelo e buscar o financiamento do novo Liet Ynternasjionaal. Nel están implicados polo momento a Fundación Liet de Frisia (quen ata de agora sumira todo) e mais a Sweblul sueca, pero cómpren cando menos a intervención de dous estados europeos máis para que o proxecto poida ter carácter europeo e procurar diñeiro da Comisión Europea.

E como vai ser? Pois para empezar, organizarán a fase final os samis de Suecia, gañadores nas dúas últimas edicións. E co obxectivo de implicar máis minorías e máis intérpretes, moi probabelmente haberá tres semifinais, unha nororiental, outra meridional e outra central, con sedes locais. E Galiza, quen sabe, podería ser unha delas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: