En decembro, a taxa interanual do PIB amosaba un descenso de 3,1 puntos, mentres que a recesión anual foi do tres por cento.
A economía galega contraeuse un 3,1 por cento no cuarto trimestre de 2009 na súa taxa interanual, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). O descenso trimestral do Produto Interior Bruto foi do 0,2 por cento, de xeito que mellorou os rexistros dos anteriores trimestres, que foran do -3,6 e do -0,7 por cento.
Segundo o IGE, o PIB do país rematou o ano cun descenso do tres por cento. Os datos de decembro coinciden coa media do Estado Español no que se refire á taxa interanual, mentres que o descenso trimestral foi inferior a nivel estatal, con tan só unha décima porcentual. O PIB do Estado Español contraeuse un 3,6 por cento en 2009, segundo o INE.