Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO TERCEIRO TRIMESTRE

A economía do país segue a retroceder

Os datos do Instituto Galego de Estatística confirman unha nova caída do PIB (-3,6%).

Redacción/EP - 12:05 18/11/2009
Tags:

O datos económicos do terceiro trimestre de 2009 presentados este mércores polo Instituto Galego de Estatística volven confirmar un descenso na actividade. Con respecto a 2008, a economía reduciuse un 3,6 mentres que na taxa intertrimestral baixa un 0,4. No conxunto do Estado Español os malos datos son incluso un pouco máis acentuados: cunha caída dun 4% na taxa interanual, aínda que se modera a baixada do PIB con respecto ao segundo trimestre.

No caso do noso país, O PIB descende por cuarto trimestre consecutivo. Os sectores agrario e pesqueiro experimentaron unha caída do 6,6% no terceiro trimestre mentres que o industrial tivo unha taxa negativa de -12,7%. Tamén o sector enerxético ten datos negativos:-5,3%.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: