Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Telefonía IP

Unha de cada oito chamadas internacionais son a través de Skype

O uso do servizo medrou un 50% no último ano grazas ao aumento das conferencias de balde entre computadores.

Redacción - 10:53 20/01/2010

A telefonía por internet segue a acaparar cada vez máis porcentaxe de chamadas internacionais. Segundo os datos do ano 2009, Skype consolídase como a operadora líder neste tipo de conexións de voz a nivel mundial. Dun 8% do mercado en 2008 pasou ao 12% ao remate de 2009, o que supuxo un crecemento do 50%.

Este crecemento débese ao aumento das chamadas de computador a computador, que son de balde mediante Skype, mentres que as conexións con teléfonos convencionais -de pago- estancáronse, aínda que seguen a supoñer o principal uso do software. En 2009 realizáronse mediante este operador máis de 21 mil millóns de minutos de conversas.

A crise pode ser a causa dese aumento do uso gratuíto de Skype, cuxos ingresos dependen das chamadas a liñas telefónicas reais. En calquera caso, o servizo segue a ser o líder de entre os diferentes sistemas de telefonía IP.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: