Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Movementos na rede

Ebay venderalle Skype a un grupo de investimento privado

O servizo de telefonía por internet aumentará proximamente os seus prezos. Aínda non se coñece o importe da operación.

Redacción - 11:45 01/09/2009

A compañía de poxas en liña Ebay chegou a un acordo para vender o servizo de telefonía por internet Skype a un grupo de investidores privados, segundo informa o New York Times. A firma Andreessen Horowitz, liderada polo cofundador de Netscape Marc Andreessen estaría entre os investidores, xunto ás londinienses Index Ventures e Silver Lake Partners.

O xornal engade que aínda se descoñecen os termos económicos do acordo, pero que se farán públicos ao longo deste martes. En maio, o xefe executivo de Ebay, John Donaoe, afirmara que a compañía tiña un valor superior aos dous mil millóns de dólares.

Quizais podería ter relación coa venda outra nova que adianta Wired. A partir do día seis de setembro, Skype dobrará o prezo do estabelecemento de chamada aos países non incluídos na súa "tarifa global", que pasará de 3,90 céntimos a 7,90. A estratexia de Skype é axustar os prezos ao seu custo real.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: