As asociacións da prensa consideran esta medida “un insulto” e acusan ao executivo de prexudicar a situación xa crítica dos xornais que optan pola lingua vasca.
Topagunea xunta os medios de comunicación navarros en éuscaro
O goberno formal de Navarra adicará en 2010 cero euros á promoción do éuscaro nos medios de comunicación. Na práctica, isto significa que, por vez primeira en 23 anos, os xornais quedarán sen ningún tipo de subvención.
Esta decisión xa foi denunciada pola federación de asociacións da prensa Topagunea, que xunta aos medios de comunicación en éuscaro de Navarra, e Nafarpress, quen consideran que é un “insulto” que “prexudica aos medios e déixaos nunha situación crítica, provocando danos directos e indirectos”. Así, exixen ao goberno foral que cumpra coa petición parlamentaria aprobada o pasado mes de febreiro na que se instaba ao executivo a desenvolver un convenio para estabilizar a súa situación e piden ao Parlamento navarro que interveña para “resolver a situación” na que os deixa o goberno.