Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN EUSKADI

A forza do local ao servizo da información global

Medio cento de medios de comunicación que publican en euskera únense nunha nova páxina web que recolle os titulares das súas publicacións locais dixitais.

Redacción - 12:15 09/12/2009

Artellar a información dende o local até o global; partir do máis próximo para comprender o alleo. Esa é a filosofía dunha nova páxina web que reúne os medios de comunicación que publican habitualmente en euskera. A sección de medios da Federación de Asociacións de Euskera Topagunea, formada por 45 medios de comunicación locais, como revistas, radios e televisións, presentou este novo espazo na rede que recibe o nome de Tokikom.

O obxectivo é dar a coñecer o carácter de grupo dos medios de comunicación locais, ao tempo que se desenvolven e fortalecen as diferentes vías de colaboración entre todos eles. Doutra banda, pretenden ofrecer publicacións máis completas, con contidos máis accesíbeis e traballar de forma conxunta a posíbel publicidade de grandes anunciantes.

Os promotores da iniciativa destacan a importancia da información local, a súa pluralidade, e subliñan o carácter de grupo dos medios locais vascos. "Temos formatos, periodicidades, soportes e incluso opinións distintas", subliñaron, "mais compartimos varias características comúns: traballamos en euskera, traballamos a información de e dende a proximidade e vivimos implicados nos nosos pobos e comarcas", destacan.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: