Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LÁCTEO

Gandeiros Unidos trasladan a súa protesta a Lugo

Uns 700 produtores manifestáronse perante Leite Río para amosar o seu rexeitamento á política de prezos da industria.

Redacción - 19:00 22/12/2009
Xesús Lence é propietario de Leite Río

Xesús Lence é propietario de Leite Río

"Sindicatos+Leite Río=ladróns". Así rezaba a pancarta baixo a que se manifestaron este martes Gandeiros Unidos en Lugo. Expresaban así unha vez máis o seu rexeitamento á política de prezos que, aseguran, impoñen as industrias leiteiras e, entre elas, a de Xesús Lence.

Cun forte temporal e un importante continxente de antidisturbios atendendo a cada unha das súas accións, os gandeiros lanzaron petardos ao interior das instalacións do Polígono do Ceao e instaron ao empresario lugués a sentarse a negociar con eles.

Un dos portavoces, Andrés Señarís, acusou a Leite río de "ser un dos responsábel da baixada indiscriminada do prezo de leite" porque é dos que máis traballa con marcas brancas, que "están moi por debaixo do que debe ser un prezo de comercialización". Así xustificou a localización desta manifestación, porque consideran a Lence "un dos máximos culpábeis do mal que se paga o leite en orixe".

Os tractores seguen en Compostela
As mobilizacións continuarán nos vindeiros días, segundo anunciaron dende Gandeiros Unidos. A súa intención é a de continuar no antigo mercado de gando de Salgueiriños (Santiago de Compostela) até "que teñamos unha solución". Logo de máis de dúas semanas, os tractores seguen estacionados na capital galega e non hai unha previsión para a súa marcha: "nós saímos no seu día da casa para loitar por un compromiso para o noso futuro, e non imos marchar até que o teñamos", insistiu Señarís.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: