Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proceso xudicial

O TSXG acepta o recurso dunha das empresas que quedou fóra do reparto eólico do bipartito

Redacción - 09:35 02/10/2009

Atrás da demanda agora aceptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está o construtor coruñés Xosé Lorenzo Cotelo, impulsor do grupo Muíños de Vento Galegos a través dunha decena de sociedades que solicitaron até 400 megavatios para unha ducia de parques no pasado reparto eólico. As diferentes filiais do grupo de Cotelo non apañaron cota ningunha na poxa realizada daquela.

Na súa demanda presentada o pasado mes de marzo a través dunha destas sociedades, Muvenga Madornas, o grupo argumentaba que o decreto eólico e a orde que o desenvolveu eran contrarias a dereito e pedía a suspensión cautelar do proceso. Agora, tres maxistrados da sala do contencioso-administrativo do TSXG decidirían en favor dese argumentario. Pendentes de resolver están outras reclamacións, entre elas a presentada por Endesa.

Adiantan este venres información sobre a sentenza en:


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: