Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Liga 2009-2010

Pelexa sen premio do Dépor en Madrid e debut triste do Celta en Balaídos

Frouxa estrea do fútbol galego, con derrotas en Primeira (Real Madrid 3 – Deportivo 2) e Segunda división (Celta 1 – Numancia 2).

Redacción - 09:30 30/08/2009

Até por dúas veces igualou o marcador o Deportivo da Coruña no seu debut ligueiro no campo do Real Madrid. Finalmente, os madridistas lograron un último tanto, andado o minuto 60, que os poñía por diante unha vez máis, xa definitiva, cun 3 -2. Mais deixou bo sabor o equipo herculino, que foi quen de poñerlle cara en todo momento á suma de millóns de euros que debuxaba, con escatimado rendemento, o conxunto titular rival sobre a cancha.

Por outro lado, en Vigo o Celta turrou e fíxose merecedor de que o dominio expresado no campo de Balaídos tivese consecuencia no marcador. Pero a sorte estaba do lado dos visitantes sorianos neste debut ligueiro e o Numancia foi quen, logo de adiantarse no marcador, de volver desfacer o empate furado por Trashorras vinte minutos antes.

Poden ampliar en Canaldeportivo.com e Celtavigo.net


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: