Xa se pode ler o primeiro capítulo de Ás de bolboreta, merecedora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009.
Rosa Aneiros gañou este ano o o Xerais de novela e o premio da Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
-"Avó, e ti onde dormes?
-Onde todos os avós.
-No cemiterio?... Debe ir frío aló.
-No cemiterio, claro.
-Onda a avoa.
-Non, ela non. Ela está no ceo".
Así comeza Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009. Dende este venres, todos os lectores poderán descargar o seu primeiro capítulo no blog de Xerais (www.xerais.wordpress.com).
"É unha novela moi aberta, sen prexuízos, sen vítimas e verdugos claros, non tiña claro se os rapaces a ían a entender" explicaba Aneiros para Vieiros ao coñecerse a noticia do galardón. Con todo, amosouse moi satisfeita co premio ao comprobar que foran as dúas estudantes presentes no xurado as máis acérrimas defensoras da novela. Agora será a quenda do gran público xuvenil, quen xa pode comezar a avaliar a calidade da obra a través da internet.
Podes ler aquí a entrevista de Vieiros a Rosa Aneiros: "Cando era pequena, a través do meu padriño, coñecía mellor as rúas de La Habana que as de Ferrol"