O xuri estaba composto polos poetas Iolanda Zúñiga e Amauta Castro, a profesora da Universitat de Barcelona Ana Escourido, o profesor da Universitat Jaume I de Castellón e colaborador do Instituto Camões de Barcelona, Jofre Pons e mais o profesor do Centro de Língua Portuguesa / Instituto Camões de Barcelona Nazir Can.
No acto, que se desenvolveu no Centro Galego de Barcelona, houbo un recital da poeta Iolanda Zúñiga e a actuación do humorista Antón Coucheiro.
Os textos gañadores, segundo consta nas bases do certame, serán publicados en Vieiros Barcelona.
Fallo da terceira edición do Premio literario Contos no Mediterráneo 2009
Categoría A: menores de 18 anos
Primeiro premio: outorgado Félix Sanz, autor da obra Frío no Himalaia.
Segundo premio: outorgado Irene Júlia Mayol Comas, autora da obra Historia dun accidente.
Terceiro premio: outorgado Júlia Servera Gumbau, autora da obra O voo.
Accésit: outorgado a Andrea Juanpera Ruiz, autora da obra Gum, a curuxa Mexanacama.
Categoría B: maiores de 18 anos
Primeiro premio: outorgado a Alba Olalla de la Iglesia, autora da obra Só ilha em volta.
Segundo premio: outorgado a Montserrat Costas Palomo, autora da obra Argumento para um filme francês.
Terceiro premio: outorgado a Ayose Suárez Armas, autor da obra Gaiolas feitas de tempo.
Accésit: outorgado a Francisca Sastre Páez, autora da obra A desaparición do azucreiro.