O acto no Centro Galego abrirase cun recital da poeta galega e cunha actuación do artista cómico.
A escritora viguesa Iolanda Zuñiga, autora de Vidas post-it (2007) e do poemario Amor amén (2008), abrirá o acto cun recital poético, ao que seguirá a actuación do cómico galego Antón Coucheiro, do colectivo Novo Circo PistaCatro. A seguir procederase á lectura do fallo do xuri e á entrega de premios da III edición de Contos no Mediterráneo. Ao finalizar o acto servirase un aperitivo con produtos típicos galegos e portugueses.
Contos no Mediterráneo é un certame literario dirixido aos estudantes de galego e portugués dos países de fala catalá, convocado polo Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, o Instituto Camões de Barcelona e mais o Espazo Galego dos Països Catalans,
Os textos premiados publicaranse en Vieiros Barcelona.
Venres, 29 de maio 19:30 h.
Entrega premios III Certame Literario Contos no Mediterráneo
- Recital poético da escritora Iolanda Zúñiga
- Actuación do cómico galego Antón Coucheiro, do colectivo Novo Circo PistaCatro.
- Entrega de premios do Concurso Literario Contos no Mediterráneo.
- Aperitivo con produtos típicos galegos e portugueses.
Centro Galego de Barcelona
Rambla del Caputxins, 35-37
Metro Liceu (L3)
Organiza: Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona | Instituto Camões | Espazo Galego dos Països Catalans
Colabora: Rede.cat | Maio Cultural Galego
Patrocina: Centro Galego de Barcelona, Sargadelos, Casa Darío, Instituto Camões, Edicións Xerais, A Nosa Terra, Obradoiro, OQO Editora, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia.