Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Final do hóquei patíns

O Liceo rodou como nos bos tempos, mais a Liga levouna o Barcelona

A presión seareira en Riazor non foi quen de arrastrar o equipo ao triunfo. Un 5-6 ao remate e parcial de 3-0 na final.

Redacción - 10:00 31/05/2009

Era ao mellor de cinco e ao Barcelona chegoulle con amarrar dúas vitorias iniciais no seu campo e a conquista deste primeiro choque en terras coruñesas. Enfrontábanse dous históricos do hóquei e os dous mellores equipos a nivel estatal esta tempada.

Transcorrida unha ducia de minutos, o blaugrana Panadero inaugurou a conta para os cataláns e Ordeig puxo a segunda bola no fondo da porta herculina á volta do primeiro cuarto de hora. Lamas inaugurou para o Coinasa Liceo pouco despois, mais o Barcelona Sorli Discau chimpou até o 1-4 en breve. A emoción chegou ás bancadas coa actuación do arxentino Álvarez que furou dobre a malla culé. Mais o seu compatriota Carlos López e novamente Ordeig, elevaron a conta barcelonesa até a media ducia de tantos. O empurrón final dos goles de Reinaldo García e a bola final de Bargalló puxeron tensión ao final, pero xa non había tempo para máis.

O Barça completa así unha ducia de anos consecutivos de hexemonía na OK Liga, cun total de 22 títulos apañados. O Liceo terá que agardar para rabuñar o que sería o seu sétimo título na competición.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: