Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ACCIDENTADA ESTREA

Raña sofre unha luxación no ombreiro

O ciclista ordense terá que descansar dúas semanas para recuperarse da caída que sufriu o día que comezaba a súa andadura no ciclismo profesional.

Redacción - 11:15 09/02/2009
Raña terá que descansar dúas semanas

Raña terá que descansar dúas semanas

Finalmente confirmouse que o mal que facía a Iván Raña retorcerse de dor era unha luxación no seu ombreiro, e non unha fractura de clavícula como se temía nun primeiro momento. Esta lesión manterá ao ciclista ordense de baixa durante, aproximadamente, dúas semanas, segundo informou o Xacobeo Galicia. Isto supón unha pequena parada no seu despegue como ciclista profesional. Segundo Álvaro Pino o incidente produciuse cando " un ciclista do Liquigas foi a sacar un chuvasqueiro e provocou unha caída de cinco ou seis corredores na que se viu envolvido Iván".

Iván Raña cumpría en Mallorca a súa primeira carreira como ciclista profesional, despois de pasar case 10 anos asentado entre a elite mundial do triatlón. Agora o proceso de aclimatación de Raña á nova disciplina terá que agardar, polo menos, as dúas semanas que o seu ombreiro precisará para recuperarse.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: