Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ADEMAIS ESTREAN BICICLETA

As cores irmandiñas tamén visten agora ao Xacobeo

O equipo ciclista presentou a nova camisola, inspirada nos modelos que as seleccións galegas vestiron os últimos anos.

Redacción - 18:15 14/01/2009
A directora xeral xunto a Ezequiel Mosquera e José Angel Vidal

A directora xeral xunto a Ezequiel Mosquera e José Angel Vidal

O equipo ciclista profesional galego presentou a nova vestimenta coa que agardan correr neste 2009 a Vuelta e o Giro. A roupa deseñouna a empresa vasca Etxeondo e ten como principal novidade a multitude de pequenas franxas azuis popularizadas nos últimos anos polas diferentes seleccións irmandiñas. O acto de presentación realizouse na casa das federacións, en Vigo, e alí estiveron a directora xeral para o deporte, Marta Souto; o ciclista Ezequiel Mosquera; e o director deportivo do Xacobeo, José Ángel Vidal.

Mosquera afirmou que “os afeccionados vanse identificar máis co novo maillot”, algo no que coincidiu a directora xeral ao dicir que a nova camisola resultará “facilmente identificable no pelotón, e asociase logo con Galiza”. O vindeiro 7 de febreiro teremos a primeira oportunidade de ver as cores irmandiñas no medio da serpe multicolor que constitúen os ciclistas cando botan a andar agrupados.

Estrean modelo de bicicleta
Estes días tamén puidemos ver por primeira vez a bicicleta que o Xacobeo utilizará no vindeiro ano, a Orbea Orca 2009. Os ciclistas tiveron a primeira toma de contacto con ela o pasado martes, durante o segundo día de concentración no Baixo Miño. Alí probaron a bicicleta coa intención de facer os axustes axeitados ao físico de cada corredor. Segundo os mecánicos do Xacobeo as innovacións que aporta este novo modelo son a mellora estética, redución do peso e maior comodidade grazas ao sistema de cableado interno.


4,92/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: