Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ALI DAEI FALA DA DERROTA

Xogar ben non chega para tombar a Irmandiña

O seleccionador iraniano definiu o partido que o seu equipo perdeu contra Galiza como "un dos mellores encontros do equipo nacional nos últimos anos"

Redacción - 09:00 13/01/2009
Ali Daei dirixindo ao seu equipo

Ali Daei dirixindo ao seu equipo

O seleccionador iraniano Ali Daei aproveitou a recente vitoria do seu combinado sobre China, en Teherán, o pasado venres para reprimir aos medios sobre o trato que dan aos resultados do seu equipo. Daei laiouse das críticas que recibiron despois da derrota contra Galiza no que, malia a derrota, el considerou "unha das mellores actuacións do equipo nacional nos últimos anos".

O adestrador iraniano foi escéptico cos eloxios derivados da vitoria do seu equipo por tres goles a un contra o combinado chinés. Daei afirmou que agora están centrados no enfrontamento directo contra Corea do sur que xogarán o vindeiro día 11 de febreiro, tamén en Teherán, e no que se xogarán unha parte importante das súas opcións de estar no vindeiro mundial de sudáfrica.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: