Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VOTACIÓN ELECTRÓNICA

Mentres a emigración galega espera polas urnas, en Estonia xa poden votar co móbil

A nación báltica volverá ser pioneiro nas eleccións de 2011, despois de autorizar o voto por internet en 2004.

Redacción - 14:30 12/12/2008
Bandeira de Estonia

Bandeira de Estonia

Estonia está a apostar decididamente polas novas tecnoloxías. Así, ademais de permitir votar por internet dende hai catro anos, será o primeiro estado do mundo en que se poderá participar nunhas eleccións a través do móbil.

O parlamento do país báltico aprobou unha emenda á lei electoral que fará posíbel que nos comicios parlamentarios de 2011 se poidan emitir sufraxios a través de teléfonos móbiles. Nas eleccións locais de 2005 a cidadanía estoniana xa puido votar por internet grazas a unha tarxeta especial de identificación. Daquela, 9.300 persoas optaran pola nova modalidade.

No ano 2007 foi tamén un estado pioneiro en permitir as votacións en liña nuns comicios parlamentarios. Dun censo de arredor dun millón de persoas, unhas 30 mil decidíronse polo voto dixital. Aínda así, tiñan a posibilidade de anular a súa elección electrónica votando polo xeito tradicional.

O sistema, segundo anunciaron as autoridades, será totalmente seguro. Só poderán votar persoas que dispoñan de móbiles con tarxetas SIM certificadas, de xeito que se poida verificar a identidade da persoa usuaria antes de poder acceder a un sistema de votación electrónica confidencial.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: