Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Ante o goberno español

O BNG de Ferrolterra presentará unha iniciativa popular para que Navantia constrúa barcos civís

A idea é recoller sinaturas para entregar ao executivo español, instándoo a renegociar coa UE as condicións do estaleiro.

Redacción - 10:00 24/09/2008
Un barco a medio construír no estaleiro de Fene / Flickr: Xoán Porto

Un barco a medio construír no estaleiro de Fene / Flickr: Xoán Porto

A Unión Comarcal do BNG en Ferrolterra vai comezar unha recollida de sinaturas entre os axentes sociais e económicos da bisbarra para presentar unha iniciativa popular no Parlamento de Galiza e, posteriormente, no Congreso dos Deputados, en Madrid, para que Navantia Fene constrúa barcos civís.

A idea é que o Congreso inste ao goberno español a re-negociar coa Unión Europea o levantamento do veto que impide que no estaleiro de Fene se dediquen á construción naval civil. Os nacionalistas de Ferrolterra explicaron que van tentar conseguir, polo menos, 15 mil sinaturas.

"Aproveitar o auxe do sector naval"
Segundo explicou o viceresponsábel comarcal do Bloque en Ferrolterra, Francisco da Silva, "a situación do estaleiro de Fene debe mudar e aproveitar o auxe do mercado naval". Para falar disto, da Silva aportou cifras do Clúster do Naval de Galiza, que revelan que este sector está vivindo un momento de "expansión", xa que en 2007 a construción naval aumentou un 50 por cento, e a carga de pedidos ha supoñer, para as empresas galegas, case 6 millóns de euros até 2012. Con isto habíase dar emprego, segundo estes datos, a uns 15 mil traballadores.

"Temos un estaleiro que, no canto de producir barcos, está destinado a cemiterio industrial, pero é posíbel que en Fene se volvan facer barcos, e só se precisa que o goberno central negocie coa UE", recalcou o responsábel comarcal do BNG, Manuel López Foxo.


4,58/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: