Ademais, Xulio Ventín fixo a mellor marca estatal M-45, e Sonia Beceiro, a mellor galega en exathlon.
Javier Rosales
Nas pistas do CGTD de Pontevedra, Javier Rosales, da Sociedade Ximnástica, proclamouse Campión Galego Absoluto de Probas Combinadas, ao chegar aos 6.150 puntos. Na categoría feminina a campioa foi María Murado (ASN), quen xuntou 3.319 puntos.
Tamén levaron medalla Santiago Ferrer (na categoria júnior), Juan M. Novo (de ouro en octahlon júnior) e Antonio Molina (en heptathlon, cadete). Entres as mozas destacou a actuación de Leticia Gil na categoría xuvenil. Polo seu lado, Sonia Beceiro tamén conseguiu o campionato na categoría cadete en exathlon, marcando unha nova mellor marca galega da categoría.
Son de destacar, ademais, os 5.886 puntos conseguidos por Xulio Ventín no coeficiente para veteranos, o que supón unha nova mellor marca estatal na categoría M45.
Mellor marca para Isaac Vicente
Ademais, esta fin de semana destacou a marca acadada polo atleta do Marathón Isaac Vicente, quen enviou o artefacto a 68,01 metros, durante o encontro internacional promesa que se desenvolveu en Lingoisheim (Francia). A anterior mellor marca tamén era del, e estaba nos 67,41 conseguidos o mes pasado en Avilés (Asturias) no Campionato Estatal de Federacións.