Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Atletismo galego

Medallas a esgalla para os veteranos

Corenta e tres en total. O clube galego que máis conseguiu foi o Club Ourense Atletismo, que é o oitavo entre os do Estado. Ademais, o relevo está garantido.

Redacción - 11:55 02/07/2008
Entrega de medallas

Entrega de medallas

A fin de semana pasada desenvolveuse en Gandía o Campionato Estatal de Veteranos ao aire libre, onde competiu un nutrido grupo de atletas galegos, realizando unha moi boa actuación e conseguindo 43 medallas, 19 delas de ouro, 12 de prata e 12 de bronce. Ademais, batéronse varias marcas galegas e estatais.

Destacou a actuación de Emilia Mesa, do Ourense Academia Postal, que conseguiu a medalla de ouro no lanzamento de xavelina, estabelecendo, ao tempo, a nova mellor marca estatal de atletas de máis de 50 anos. Tamén levou medalla de ouro nos 100 m., no salto de lonxitude e no lanzamento de peso. Por outro lado, bateron cadansúa marca, tamén, Xulián Bernal (Club Deportivo Egovarros), que fixo a mellor marca do campionato nos 800 e nos 5.000 m.; e Luís Nogueira (ADAS), que tamén bateu a mellor marca do campionato, en lanzamento de xavelina.

Os máis novos tamén triunfan: o relevo está garantido
O saltador de triplo, Xosé Afonso Palomanes, vai seleccionado ao Campionato do Mundo Júnior co combinado estatal, que se ha desenvolver en Bydgoszcz (Polonia) do 8 ao 13 de xullo.

Palomanes vai ser o único atleta galego no mundial, e conseguiu ser seleccionado grazas á súa excelente tempada, na que foi Campión Estatal en pista cuberta e ao aire libre, após facer a súa mellor marca (16,01 m.) no pasado Campionato Galego Júnior, e situándose, daquela, entre os tres mellores saltadores absolutos de todo o Estado Español. O seu obxectivo neste Campionato é conseguir unha praza de finalista.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: