O pontevedrés fixo a mellor marca do ano no lanzamento de xavelina. A selección galega mantívose en homes, mais en mulleres, descendeu.
Quintos na categoría masculina, e oitavas na feminina; así quedaron as seleccións galegas de atletismo no Campionato Estatal de Federacións. Deste xeito, os mozos mantéñense na 1ª categoría, mais as mozas descenden a 2ª, ao empatar a puntos con Valencia, mais situándose moi perto de Asturias nunha xornada máis do que competitiva.
No campionato houbo só unha vitoria individual, mais moi brillante: a de Gustavo Dacal, quen conseguiu lanzar a xavelina a 75,46 m., a mellor marca de todo o ano do Estado.
Tamén son de destacar os 67,38 m. en martelo de Isaac Vicente (nova mellor marca galega e a terceira mellor do ano en todo o Estado nesta proba, que lle fixo quedar segundo), os 15,36 m. en triplo salto de Xosé Palomanes e os 5,00 metros en pértega de Luís Moro.