Será no estadio do Couto, en Ourense. O clásico derbi galego volve, acabada a liga en Primeira (cos coruñeses na Intertoto), e cos vigueses respirando en Segunda.
A Copa Galiza será, de novo, o clásico do fútbol galego por excelencia: un Celta-Dépor.
O Deportivo da Coruña, que acaba de clasificarse para a Intertoto, e o Celta de Vigo, que vén de golear ao Cádiz na Liga, xogan esta terza feira a final da Copa Galiza en Ourense (20:45 horas no Estadio do Couto).