Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A final xogouse en Cangas

O Porriño proclámase campión da Copa Galiza de balonmán feminino

Deron a sorpresa ao superar ao Parnaiba Guardés por 33-28.

Redacción - 12:08 12/05/2008
As xogadoras do Porriño

As xogadoras do Porriño

O Porriño BM proclamouse o pasado sábado vencedor da Copa Galiza de Balonmán ao gañarlle ao Parnaiba Guardés por 33-28.O partido, que se disputou no Pavillón do Gatañal, en Cangas, tivo unha grande calidade. As porriñesas dominaron o marcador dende o comezo, e deron a sorpresa ao gañaren, posto que nos dous partidos da liga regular que xogaron os equipos venceran as mozas da Guarda.

O Porriño e o Guardés lograron o pase á gran final logo de vencer ao Chapela e ao Lavadores respectivamente nas semifinais, disputadas o pasado sábado 26 de abril no Pavillón Municipal de Bueu.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: