Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Galiza podería estar o ano que vén en Lisboa

Os Jogos da Lusofonia cada vez máis perto

Hai posibilidades de que o noso país participe na súa segunda edición, pero queda por ver en que categoría. Todo isto se o Comité Olímpico Español dá o seu visto e prace.

Redacción - 10:12 09/05/2008

Xa informabamos esta semana de que Galiza podería participar o ano que vén nos II Jogos da Lusofonia, que se han desenvolver en Lisboa e nos que participan as seleccións dos países lusófonos en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa, voleibol e volei praia.

A pasada cuarta feira de mañá a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, reuniuse en Lisboa cos principais responsábeis do deporte portugués (entre eles o presidente do Comité Olímpico Portugués, José Vicente Moura) para tratar o tema, e ao terminar a xuntanza, segundo informacións de Deporte, o clima era bo e as posibilidades de acudir aos Jogos, abondas.

Unha vez chegue o permiso do COE...
Mais agora só queda conseguir o permiso do Comité Olímpico Español (COE), que precisa Galiza, mais as negociacións están avanzadas.

O único que aínda está por pechar son as condicións nas que participaríamos nos Jogos da Lusofonia, e hai dúas posibilidades: que Galiza vaia como país convidado en tres ou catro disciplinas deportivas ou que sexa un país máis dos que participan nestes Jogos (xunto con Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Guiné Ecuatorial, a India, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Sri Lanka e Timor Leste).


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O volei praia, o atletismo e o tenis de mesa son algúns dos deportes que se practican nos Jogos da Lusofonia / Imaxes da I Edición
O volei praia, o atletismo e o tenis de mesa son algúns dos deportes que se practican nos Jogos da Lusofonia / Imaxes da I Edición
A delegación de Timor Leste, na cerimonia de apertura dos Jogos en Macao
A delegación de Timor Leste, na cerimonia de apertura dos Jogos en Macao