Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Coa perde de puntos

A Liga portuguesa quere castigar aos clubes que non lles paguen aos seus xogadores

Os equipos do fútbol portugués van ter que presentar garantías de cumprimento salarial para participar no campionato. A medida é tamén preventiva.

Redacción - 11:27 07/05/2008

O continuado incumprimento dos pagos salariais por parte dos clubes de fútbol da primeira liga portuguesa vai ser castigado, a partir da tempada que vén, coa perda de puntos, segundo anunciou esta terza feira Hermínio Loureiro, presidente da LPFP.

Loureiro tamén revelou que as novas condicións financeiras que se lle van esixir aos clubes para participar nas competicións profesionais vanse levar á Assembleia-Geral da Liga, onde se ha decidir, en última instancia, o que facer.

Estas "medidas son preventivas e non soamente punitivas", explicou Loureiro, acrecentando que os clubes, ademais de ter que presentar, ao comezo da tempada, as garantías necesarias a un cumprimento salarial eficaz até que termine a competición ligueira, serán vixiados cada trimestre.

Dimite a directiva ao completo do Boavista
Precisamente por non poder pagar os soldos dos seus xogadores e demais empregados, os membros da directiva do Boavista renunciaron, en bloque, aos seus cargos.

O Boavista, que domingo ten que visitar ao segundo clasificado, o Sporting, na 30ª e última xornada da liga portuguesa, vive unha grave crise financeira e debía ter pagado, até esta terza feira, os salarios atrasados dos seus futbolistas, mas finalmente adiaron o pagamento até esta cuarta feira, mais debido á súa propia folga, os xogadores quedaron, outra volta, sen cobrar.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: